Dende o punto de vista político e ideolóxico, o período de entreguerras (1919-1939) concrétase nunha crise da democracia e do liberalismo. As institucións políticas liberais só funcionarán nos países técnica e economicamente desenvolvidos. O Reino Unido vivirá unha etapa de paz social, de crise do partido liberal e da rápida ascensión do partido laborista, ainda que o gran problema será o nacionalismo irlandés. Para Francia será, no contexto da III República, unha fase de inestabilidade e crise coa formación de bloques políticos como o Bloque Nacional ou a Fronte Popular. A Alemaña da República de Weimar viviu unha forte convulsión co ascenso do nacionalsocialismo na década dos trinta.
A exaltación nacionalista foi a tónica na vida política dos anos vinte. As ditaduras fascista en Italia e nacionalsocialista en Alemaña pódense consideran como a versión conservadora do Estado totalitario. A ideoloxía fascista caracterízase por:
- Nacionalismo radical.
- Negación dos principios democráticos e liberais.
- Anulación da separación de poderes.
- Supresión dos partidos políticos por un partido único.
- Subordinación dos individuos ao Estado.
- Organización corporativa da sociedade e anti-igualitarismo social.
- Culto ao líder indiscutible.
- Primacía da acción sobre a palabra.
- Militarismo.
- Idea imperialista que se traduce no principio de búsqueda do espazo vital.
O fascismo xurdiu en Italia e da man do seu líder Benito Mussolini accedeu ao poder en 1922. O partido nacionalsocialista chega ao poder en Alemaña en 1933 baixo o liderado de Adolf Hitler. Ámbolos dous son a manifestación da creba da democracia occidental trala Grande Guerra.
Crise democracia fascismos
View more presentations from ivangranja.
No hay comentarios:
Publicar un comentario