Blogue en construción

Blogue en construción

jueves, 21 de febrero de 2013

RESOLUCIÓN DO ASASINATO DE PRIM?

Parece que por fin se resolveu o asasinato do xeneral Juan Prim (Reus, 1814 - Madrid, 1870) de tendencia progresista, que tras o derrocamento da raíña Isabel II na chamada "Gloriosa revolución" de 1868 s fixo cargo do ministerio da Guerra do Goberno provisional (1868) e, un ano despois, ocupou a xefatura do Goberno, exercendo a rexencia outro xeneral, Serrano. Dende este cargo, impulsou a creación dunha monarquía constitucional e conseguiu que as Cortes proclamaran a Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel, novo soberano. Pouco despois era vítima dun atentado en Madrid. Contrariamente ao que se dictaminou no proceso xudicial aberto na época, onde se afirmada que Prim morreu tres días despois do atentado, 142 anos despois a denominada Comisión Prim concluíu que morreu estrangulado mentras se recuperaba das feridas, e que todo foi froito dunha conspiración contra el. O informe completo así o demostra.